A visita ao Portal da internet do Castro das Travesas pertence ao CONCELLO DE CARRAL e faise, inicialmente, en forma anónima. Soamente para poder acceder a algún dos servizos da web que dispoñan de xestión ou trámite específico, os usuarios e as usuarias subministraran os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado. Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do CONCELLO DE CARRAL e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento, de conformidade, principalmente, coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

O Portal do que é titular o CONCELLO DE CARRAL contén ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á do CONCELLO DE CARRAL. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, se vostede navega por internet pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do seu navegador.

1.- DPO:

O Delegado de Protección de Datos é á área de cultura do CONCELLO DE CARRAL có que poderá contactar en cultura@carral.com

2.- Finalidade do tratamento
A ENTIDADE poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes finalidades:

– Xestionar a súa navegación a través do Sitio web.

– Xestionar o servizo de Atención ao cidadán, para dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquietudes que poida ter relativas á información incluída no Sitio web, así como calquera outras consultas que poida ter.

– Xestionar o cumprimento, mantemento, desenvolvemento e control de calquera relacións que a ENTIDADE manteña con vostede.

3.- Lexitimación do tratamento dos seus datos de carácter persoal

A lexitimación baséase no consentimento que vostede nos outorga ao chicar o botón “ACEPTO A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS”

4.- Destinatarios de cesións

Non cederemos os seus datos a terceiros, salvo por obrigación legal.

5.- Dereitos

Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos.

– Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.

– Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión (dereito ao esquecemento).

– Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a opoñerse ao tratamento

– Dereito á portabilidade dos datos

Para exercer os seus dereitos non ten máis que realizar unha solicitude por escrito e acompañala dunha copia do seu DNI.

6.- Medidas de seguridade

CONCELLO DE CARRAL ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas.